RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivo e o Concello reuniranse o mércores ás 13:00 en María Pita

O Real Club Deportivo acaba de comunicar ao Concello da Coruña a súa representación na reunión convocada o pasado mércores 8 de febreiro pola tarde e que terá lugar o próximo día 15 ás 13:00 h. O presidente do Real Club Deportivo, Tino Fernández, e os conselleiros: Enrique Calvete, Martín Pita, Daniel Ramos e Fernando Vidal, acudirán á cita no Palacio Municipal de María Pita.

Este encontro dará continuidade ao último que ambas as entidades mantiveron o pasado 19 de xullo de 2016 ás 17:00 h. e no que participaron: Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña, José Manuel Sande, concelleiro de deportes e Iago Martínez, xefe de gabinete, por parte do Concello; e Tino Fernández, Martín Pita e Daniel Ramos en nome do Deportivo.