RCD / NOVAS

O equipo adestrarase mañá luns ás 11:00 en Abegondo

01/12/2019 21:00

Finalizado o encontro no Anxo Carro, o Dépor emprende viaxe de regreso por estrada á Coruña.

Luis César citou a todo o cadro de novo mañá luns 2 de decembro ás 11:00 horas en Abegondo para un novo adestramento, que será de recuperación para os titulares esta tarde en Lugo.

O martes 3, o Dépor terá xornada de descanso.