RCD / NOVAS

O equipo pasa a noite en Granada e regresa mañá luns á Coruña

10/02/2019 21:41

Após o partido no Estadio Novo Os Cármenes, o Deportivo pasa esta noite no Meliá Granada, hotel de concentración do conxunto branquiazul na cidade andaluza.

O regreso será mañá, vía Sevilla, nun voo que ten previsto aterrar no Aeroporto da Coruña ás 14:30.

Natxo González citou aos seus futbolistas de novo o martes 12 de febreiro ás 11:00 en Abegondo, para comezar a preparar a visita do Nàstic a ABANCA-RIAZOR, prevista para o sábado 16 de febreiro (16:00, LaLiga 1|2|3 TV).

O plan de regreso é o seguinte:

Luns 11 de febreiro
09:00: Saída en autocar de Granada a Sevilla
13:05: Saída do voo de Sevilla con destino ao Aeroporto da Coruña
14:30: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña