O equipo regresa mañá mércores e adéstrase en Abegondo ao chegar
Finalizado o encontro no Heliodoro Rodríguez López, o Dépor pasa a noite en Santa Cruz de Tenerife e regresa mañá mércores 1 de xullo á Coruña.
Fernando Vázquez dirixirá unha nova sesión nada máis chegar á Cidade Deportiva, sobre as 14.30, xa de cara á visita da SD Huesca a ABANCA-RIAZOR, o domingo 5 de xullo (17:00 horas, #Vamos).