RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Fabril coñece este xoves o seu calendario na nova 3ª RFEF

O Fabril coñecerá este xoves ás 18:00 horas o calendario de liga da nova 3ª RFEF. O sorteo terá lugar na sede da Federación Galega en Santiago de Compostela.

Dado que son 17 os equipos integrantes da categoría, cada fin de semana descansará un.

Os 16 rivais do equipo fabrilista son os seguintes:

-UD Somozas
-Alondras CF
-Polvorín FC
-CD Choco
-Silva SD
-CD Estradense
-Racing Villalbés
-Rápido de Bouzas
-CSD Arzúa
-Viveiro CF
-Ourense CF
-CD Barco
-CF Noia
-Sofán SD
-SD Juvenil de Ponteareas
-Atletico Arnoia

A Federación Galega fixou para a fin de semana do 11 e 12 de setembro o inicio da competición, a condición de que o permita a situación da pandemia de COVID-19.

O Fabril arrancou a pretemporada o pasado 21 de xullo en Abegondo. O cadro dirixido por Óscar Gilsanz disputou xa o seu primeiro amigable de pretemporada, o sábado 31 de xullo na Cidade Deportiva ante o Sofán SD (4-1).