RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Fabril loitará polo regreso a Segunda B fronte ao CP Cacereño

O Fabril quedou emparellado co CP Cacereño, primeiro clasificado do Grupo 14 de Terceira División, na eliminatoria de campións cuxo vencedor obterá o premio do ascenso a Segunda División B, tras o sorteo celebrado esta tarde no Salón Luis Aragonés da sede da Real Federación Española de Fútbol na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

O partido de ida disputarase a próxima fin de semana, o 20 ou 21 de maio, no estadio Príncipe Felipe de Cáceres. O encontro de volta celebrarase no Estadio de Riazor, o 27 ou 28 de maio.

En caso de perder esta eliminatoria, o Fabril terá unha nova oportunidade para ascender ao pasar ás semifinais do cadro de segundos, terceiros e cuartos clasificados. Unha vez alí, necesitaría superar dúas roldas para celebrar o ansiado ascenso.

O CP Cacereño proclamouse campión do Grupo 14 de Terceira División con 92 puntos, produto de 29 vitorias, 5 empates e 4 derrotas, o que lle valeu para avantaxar en 7 puntos ao CD Badajoz, segundo clasificado, en 13 ao terceiro, o Jerez de los Caballeros CF, e en 18 ao cuarto, o CD Azuaga. O equipo estremeño anotou 81 goles e encaixou 16, sendo o seu máximo anotador o ítalo-arxentino Kevin Levis, exjugador de CD Barco, CD Boiro e Pontevedra CF, con 18 dianas.