RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Fabril recupera a senda da vitoria ante o Choco en Abegondo

O Fabril dobregou (1-0) en Abegondo ao CD Choco en partido correspondente á 5ª xornada en Terceira RFEF. Davo, ex xogador do equipo redondelano, foi o autor do único tanto á media hora de xogo.

O partido foi moi igualado. O Fabril púxose por diante no minuto 33 e mesmo Davo e Javi Sanmartín, nos minutos seguintes, puideron aumentar a renda.

Após o descanso apertou o CD Choco en busca do empate. O Fabril foi capaz de aguantar as arremetidas do rival, un dos equipos que a temporada pasada acabou entre os mellores.

Con este resultado, o Fabril mantense no grupo alto da clasificación con 10 puntos.

Fabril: Alberto, Iván Guerrero, David Suárez, Dani Barcia, Currás, Fabio, Brais Val, Runy, Sanmartín, Yeremay e Davo. Tamén xogaron: Víctor, Nájera, Juan Rodríguez, Barba e Mario.

O vindeiro martes 12 de outubro, día festivo, a Fabril visita ao Ourense CF en xornada intersemanal. O encontro xogarase ás 18:00 horas no Couto.

Os resultados do Fabril até a data son os seguintes:

Fabril 0 - Racing Villalbés 0
Noia CF 0 - Fabril 3 (Davo -2- e Yeremay)
Fabril 2 (Runy e Yeremay) - Viveiro CF 0
Polvorín FC 1 - Fabril 0
Fabril 1 (Davo) - CD Choco 0