RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Fabril saca adiante un difícil partido en Abegondo ante o Gran Peña FC

O Fabril segue no máis alto da Tercera Federación ao sacar adiante en Abegondo (2-1) un difícil partido ante o Gran Peña FC, correspondente á 23ª xornada da categoría.

Adiantouse o Gran Peña no primeiro minuto da segunda metade pero os fabrilistas déronlle a volta ao partido grazas aos goles de Martín Ochoa e Iano Simao.

O partido arrincou con control do Fabril, aínda que sen crear demasiado perigo á meta viguesa.

Mella, por banda esquerda, capitalizou o ataque do filial deportivista, mentres que Cantero tivo a primeira oportunidade para o Gran Peña FC.

Os visitantes, a pesar de non ter o balón, si parecían inquietar a meta de Hugo Ríos.

Nos pés de Barba foi a primeira ocasión do Fabril, pero o seu disparo marchouse por encima do traveseiro.

Ao descanso chegouse con igualada.

Após o paso polos vestiarios, o Gran Peña FC adiantouse no marcador grazas a un gol de José Rivera, que define ben só ante Hugo Ríos após unha gran asistencia de tacón.

A reacción dos pupilos de Óscar Gilsanz non se fixo esperar. Apenas 7 minutos máis tarde, o pichichi da categoría, Martín Ochoa, logrou a igualada após unha boa xogada de Jairo.

O Fabril aproveitou a inercia do empate para porse en vantaxe após un remate de cabeza de Iano Simao ao centro dunha falta lateral lanzada por Diego Gómez.

Óscar Gilsanz refrescou ao equipo coa entrada de Rubén, Jesús, Davo e Iñaki e o Fabril conseguiu aguantar as arremetidas do Gran Peña FC.

Con este marcador, o filial deportivista suma 47 puntos no liderado da clasificación.

Fabril: Hugo Ríos, Marc, Dani Barcia, Puerto, Iano Simao, Barba, Brais Val, Jairo, Mella, Diego Gómez e Martín Ochoa. Tamén xogaron: Nájera, Rubén, Jesús Ares, Davo e Iñaki.

A próxima fin de semana toca derbi coruñés na Grela 1 ante o Silva SD.

Os resultados do Fabril en liga até a data son os seguintes:

UD Paiosaco 0 - Fabril 1 (Diego Gómez)
Fabril 1 (Dani Barcia) - Alondras CF 1
Fabril 2 (Jairo e Diego Gómez) - Arosa SC 1
CD Estradense 2 - Fabril 2 (Nájera -2-)
Fabril 4 (Nájera -2- e Martín Ochoa -2-) - CSD Arzúa 0
Rápido de Bouzas 0 - Fabril 0
Fabril 6 (Nájera -2-, Martín Ochoa -3- e Iván) - Viveiro CF 0
Gran Peña FC 1 - Fabril 2 (Martín Ochoa -2-)
Fabril 3 (Nájera, Diego Gómez e Marc Lachèvre) - Silva SD 2
Atlético Arteixo 1 - Fabril 2 (Martín Ochoa e Dani Barcia)
Fabril 3 (Martín Ochoa, Diego Gómez e Iván) - CD Choco 1
UD Ourense 2 - Fabril 2 (Martín Ochoa e Iano Simão)
Fabril 0 - UD Somozas 1
Racing Villalbés 0 - Fabril 0
Fabril 4 (Nájera, Iano Simao, Martín Ochoa e Diego Gómez) - CD Barco 1
Fabril 2 (Jesús Ares e Diego Gómez) - UD Paiosaco 0
Alondras CF 1 - Fabril 0
Arosa SC 0 - Fabril 0
Fabril 3 (Martín Ochoa, Dani Barcia e Iván) - CD Estradense 0
CSD Arzúa 0 - Fabril 1 (Martín Ochoa)
Fabril 0 - Rápido de Bouzas 0
Viveiro CF 1 - Fabril 1 (Martín Ochoa)
Fabril 2 (Martín Ochoa e Iano Simao) - Gran Peña FC 1