RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Fabril, único equipo de #ANOSACANTEIRA con partido esta semana

O Fabril é o único equipo de #ANOSACANTEIRA que ten partido oficial esta semana, a primeira de 2019. Será en Abegondo este domingo 6 de xaneiro (12:00) ante o Real Valladolid B, en partido correspondente á 19ª xornada no grupo 1º de Segunda División B.

Os socios teñen libre acceso ao partido. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 14 anos. 

Para preparar o partido, Sergio Pellicer, técnico fabrilista, xa traballa co seu cadro desde o pasado domingo 30 de decembro. 

As datas de regreso dos demais equipos aos adestramentos son as seguintes:

Deportivo ABANCA B: Martes 8 de xaneiro ás 20:00
Xuvenil A: Mércores 2 de xaneiro ás 17:00
Xuvenil B: Mércores 2 de xaneiro ás 17:00
Cadete A: Mércores 2 de xaneiro ás 17:00
Cadete B: Mércores 2 de xaneiro ás 17:00
Infantil A: Luns 7 de xaneiro ás 18:45
Infantil B: Luns 7 de xaneiro ás 18:45
Alevín A: Luns 7 de xaneiro ás 18:45
Alevín B: Luns 7 de xaneiro ás 18:45
Benxamín A: Luns 7 de xaneiro ás 18:45
Benxamín B: Luns 7 de xaneiro ás 18:45

O calendario da fin de semana é o seguinte:

Segunda División B

19ª xornada: FABRIL - REAL VALLADOLID B, o domingo 6 de xaneiro ás 12:00 en Abegondo

Clasificación: ... 15. CDA Navalcarnero, 21 puntos; 16. AD Unión Adarve, 20 puntos; 17. CF Salmantino, 19 puntos; 18. Burgos CF, 16 puntos; 19. Fabril, 13 puntos; 20. Rápido de Bouzas, 11 puntos

Categoría feminina

Primeira Autonómica Feminina, 15ª xornada: 1. Deportivo ABANCA B, 43 puntos; 2. Viaxes InterRías FF, 39 puntos...

Categoría xuvenil

División de Honra, 18ª xornada: ... 6. Real Oviedo, 30 puntos; 7. Atlético Perines, 29 puntos; 8. Xuvenil A, 28 puntos; 9. ED Val Miñor Nigrán, 23 puntos...

Liga Nacional, 17ª xornada: ... 3. Victoria CF, 35 puntos; 4. Xuvenil B, 32 puntos; 5. Pabellón Ourense CF, 31 puntos; 6. CD Choco e CD Conxo Santiago, 29 puntos...

Categoría cadete

División de Honra, 17ª xornada: 1. RC Celta, 45 puntos; 2. Cadete A, 44 puntos; 3. Ural CF, 35 puntos...

Liga Galega, grupo norte, 17ª xornada: ... 3. Racing Villalbés, 36 puntos; 4. Cadete B, 34 puntos; 5. Galicia de Caranza e CF Dumbría, 29 puntos...

Categoría infantil

Clasificación final da liga Galega, grupo norte: 1. Infantil A, 51 puntos; 2. Bertamiráns FC, 46 puntos...

Primeira Autonómica, grupo 1º, 19ª xornada: 1. Infantil B, 57 puntos; 2. Ural CF B, 49 puntos...

Categoría alevín

Primeira Comarcal A Coruña, 10ª xornada: 1. Alevín A (xa campión), 28 puntos; 2. Ural CF A, 23 puntos...

Segunda Comarcal A Coruña, 7ª xornada: 1. Alevín B e Ural CF C, 19 puntos; 3. ED Luis Calvo Sanz C, 15 puntos...

Categoría benxamín

Primeira Comarcal A Coruña, 7ª xornada: 1. Benxamín A, 19 puntos; 2. CD Calasanz A, 18 puntos; 3. Victoria CF A e Sporting Coruñés A, 16 puntos...

Segunda Comarcal A Coruña, 7ª xornada: 1. Benxamín B, 19 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz C, 18 puntos; 3. Ural CF C, 17 puntos...