O Infantil A viaxa hoxe a Roma para disputar un torneo amigable
Hoxe domingo 1 de xaneiro de 2017, o Infantil A do Deportivo, que compite na Liga Galega, viaxa a Roma (vía Madrid) para competir nun torneo amigable de fútbol once organizado polo clube italiano GSD Nuova Tor Tre Teste.
O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo B, co FC Inter, o SS Lazio e o Margine Coperta.
O calendario da Primeira Fase é o seguinte:
Luns 2 de xaneiro de 2017
17:00: INFANTIL A - FC INTER (campo Francesca Gianni)
Martes 3 de xaneiro de 2017
19:00: SS LAZIO - INFANTIL A (campo Francesca Gianni)
Mércores 4 de xaneiro de 2017
15:00: INFANTIL A - MARGINE COPERTA (campo de Candiani)
O primeiro clasificado disputará as semifinais, que se xogarán o xoves 5 de xaneiro.