RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil B saca un 10 no seu partido ante o San Cristóbal

O Infantil B venceu con claridade (10-0) ao San Cristóbal, en partido correspondente á xornada 2ª do grupo 1º de Primeira Autonómica. Óscar, Marco Baña -2-, Xenxo, Carballo -4-, Hodei e Rubén foron os autores dos goles deportivistas nun choque sen apenas complicacións para os pupilos de José Manuel Arrojo 'Noni'.

Con este resultado, o Infantil B suma 6 puntos de 6 posibles e sitúase xa nos postos de cabeza.

Infantil B: Román, Oreiro, Rubén, Miguel, Diego, Marco Baña, Carballo, Pedre, Mardones, Meki e Óscar. Tamén xogaron Hodei, Hugo, Xenxo e Marcos.

A próxima cita ligueira para o equipo branquiazul será o domingo 16 de setembro en Abegondo (12:00 horas) ante o Sporting Cambre.

A temporada marcha así para o Infantil B:

Santa María del Mar 3 - Infantil B 6 (Eli, Bruno -2-, Mardones, Óscar e Hodei)
Infantil B 10 (Óscar, Marco Baña -2-, Xenxo, Carballo -4-, Hodei e Rubén) - San Cristóbal 0