RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Orzán SD Xuvenil Feminino gaña ao SE Abellá e cítase co Victoria CF B na final da Copa da Coruña

O Orzán SD Xuvenil Feminino impúxose (1-4) ao SE Abellá SDEC na semifinal da I edición da Copa da Coruña, celebrada a partido único no campo deste último equipo, en Frades.

Uxía López, Noe Gómez, Macarena González e Carlota Rubio foron as goleadoras nun partido que se puxo costa arriba no minuto 53 coa expulsión de Daniela Agilda, pero que as orzanistas resolveron ben á contra ante un rival lanzado ao ataque.

Orzán SD Xuvenil Feminino: Uxía Rabuñal, Uxía López, Daniela Agilda, Sara Cercido, Iria Otero, Candela Fernández, Noelia Furelos, Macarena González, Antía Brage, Noe Gómez e Paula Sánchez. Tamén xogaron: Martina Rivas, Laura Santos, Ivana Fernández e Carlota Rubio.

O equipo de César Conde disputará en data e campo por confirmar nos próximos días a gran final do torneo ante o Victoria CF B, vencedor da outra semifinal ante o Sporting Cambre (0-1).

Os resultados do Orzán SD Xuvenil Feminino nesta I edición da Copa da Coruña son os seguintes:

Oitavos de final
Brexo Lema SD 0 - Orzán SD Xuvenil Feminino 5 (Sara Cercido -2-, Uxía López, Macarena González e Ivana Fernández)

Cuartos de final
UD Carral 0 - Orzán SD Xuvenil Feminino 3 (Iria Otero, Laura Santos e Noe Gómez)

Semifinal
SE Abellá SDEC 1 - Orzán SD Xuvenil Feminino 4 (Uxía López, Noe Gómez, Macarena González e Carlota Rubio)