RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O partido do Infantil A mañá luns en Abegondo pecha a xornada en #ANOSACANTEIRA

O encontro en Abegondo da Fase polo Título da liga Galega infantil entre o Deportivo e o Atlético Coruña Montañeros CF, mañá luns 25 a partir das 19:00 horas, con entrada gratuíta para os afeccionados, porá o punto e final á xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA. Os branquiazuis lideran esta fase final practicamente desde a xornada 1.  

Unicamente 3 equipos xogaron nesta xornada en Abegondo. Onte sábado 23 fixérono o Xuvenil A (5-1) fronte ao Racing de Ferrol; e o Alevín A (5-1) ante o Oza Juvenil SD A.

Para hoxe domingo quedou o choque do Cadete B, que pelexa pola 3ª praza do grupo norte da liga Galega. Os branquiazuis superaron (2-0) ao líder do grupo, o Bertamiráns FC, que se presentou na Cidade Deportiva sen coñecer a derrota.

Os demais equipos das categorías inferiores branquiazuis competiron fóra de Abegondo.

En Segunda División B, o Fabril visitou ao Rápido de Bouzas, un rival directo, co obxectivo de engancharse á loita pola permanencia.

O fútbol foi cruel unha vez máis para o filial deportivista, que caeu no último minuto de partido: 2-1.

Onte sábado xogaron o Xuvenil B (1-0 na Grela ante o CD Calasanz) e Cadete A (2-1 en Elviña fronte ao CD Calasanz), ademais dos dous equipos alevíns e os dous benxamíns.

Deportivo ABANCA B (0-7 ante o CF Deportivo Orzán) e Infantil B (3-3 ante o Ural CF B) disputaron os seus choques ligueiros hoxe domingo na Coruña.

Finalmente o pasado xoves, o Xuvenil B disputou un amigable de pompa, no campo principal de Abegondo ante o FC Porto. O triunfo foi deportivista (5-1), con tantos de Mario, Juanma, Roque, Do Carmo e Víctor Guerra.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
30ª xornada: RÁPIDO DE BOUZAS 2 - FABRIL 1 (Uxío)

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 25ª xornada: CF DEPORTIVO ORZÁN 0 - DEPORTIVO ABANCA B 7 (Patri Rúa -2-, María Calvo -2-, Antía -2- e Lara)

Categoría xuvenil
División de Honra, 28ª xornada: XUVENIL A 5 (Israel, César e Álex -3-) - RACING DE FERROL 1

Amigable: XUVENIL B 5 (Mario, Juanma, Roque, Do Carmo e Víctor Guerra) - FC PORTO 1
Liga Nacional, 27ª xornada: CD CALASANZ 1 - XUVENIL B 0

Categoría cadete
División de Honra, 27ª xornada: CD CALASANZ 2 - CADETE A 1 (Mario)

Liga Galega, grupo norte, 27ª xornada: CADETE B 2 (Nils e Hugo Suárez) - BERTAMIRÁNS FC 0

Categoría infantil
Liga Galega, Fase polo Título, 10ª xornada: INFANTIL A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, mañá luns 25 de marzo ás 19:00 en Abegondo

Primeira Autonómica, grupo 1º, 30ª xornada: URAL CF B 3 - INFANTIL B 3 (Óscar, Martín e Marco Baña)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte, 6ª xornada: ALEVÍN A 5 (Bruno, Rubén, Jorge, Daniel e Álex) - OZA JUVENIL SD A 1

Segunda Fase da Segunda Comarcal, 5ª xornada: ALEVÍN B 8 (David -2-, Rubén -2-, Balbas, Janusz, Diego e Raúl) - SANTA MARÍA DEL MAR B 0

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, 17ª xornada: BENXAMÍN A 9 (Íker -4-, Gael -2-, Yago Trigo, Paulo e Uxío) - ORILLAMAR SD A 0

Segunda Fase grupo 1º A Coruña, 6ª xornada: ED LUÍS CALVO SANZ C 1 - BENXAMÍN B 3 (Pablo -2- e Hugo)