RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O persoal adestrouse hoxe luns dividida en dous grupos

Pepe Mel dividiu esta mañá o cadro en dous grupos, no adestramento diario en Abegondo.

Así, os titulares onte en Mestalla (Lux, Juanfran, Navarro, Sidnei, Albentosa, Álex, Guilherme, Carles Gil, Fayçal, Joselu e Andone), ademais do fabrilista Nacho Monsalve (titular no Fabril fronte ao Racing Villalbés), tiveron recuperación, con carreira continua, estiramentos, ximnasio e masaxe.

Para o resto do persoal (Mosquera, Emre Çolak, Marlos, Tytoń, Arribas, Laure, Luisinho, Bruno Gama, Celso Borges, Roef), ademais do fabrilista Edu e o porteiro xuvenil Francis, a sesión foi de alta intensidade, cun quecemento, un traballo de posesión, fútbol en espazo reducido e, para acabar, unhas series de velocidade.

Mañá martes, ás 10:30, o Deportivo adestrarase en Riazor, a porta pechada. Será a última sesión previa á visita do Granada, prevista para este mércores 5 de abril ás 20:30 (Bein Sports), en partido da xornada 30 de LaLiga Santander.