RCD / NOVAS

O primeiro cadro regresa mañá venres aos adestramentos de maneira individual

07/05/2020 22:00

O primeiro cadro do Dépor regresa mañá venres 8 de maio aos adestramentos na Cidade Deportiva de Abegondo.

Mujaid, Gandoy, Valín; e os xuvenís Alberto e Juan Rodríguez, completan a lista de citados.

A volta ao traballo planificouse desde LaLiga con medidas que foron acordadas coas autoridades deportivas e sanitarias co propósito de garantir a maior seguridade para a saúde de todos os implicados.

Estas medidas contemplan un período de aproximadamente un mes con diferentes fases que, en todo caso, quedarán suxeitas ao proceso de desescalada establecido polo Goberno. Así, xunto cos controis médicos perceptivos deseñouse unha volta aos adestramentos graduada que englobará desde o adestramento en solitario até o exercicio en grupo previo á volta á competición previsto para xuño, como sinalou LaLiga.

Os xogadores branquiazuis adestraranse de maneira individual aproveitando os 6 campos de herba natural da Cidade Deportiva.

Ás 09:30 están citados un grupo de 12 xogadores e ás 11:00 outra quenda de 12 futbolistas.

Os porteiros adestraranse a partir das 16: 00 horas.