Unha vez finalizado o encontro ante o FC Barcelona en Riazor, Pepe Mel citou de novo aos seus futbolistas mañá luns 13 de marzo ás 10:30 en Abegondo para unha nova sesión de adestramento.
Será de recuperación para os que foron titulares ante o Barça, e máis intensa para o resto do persoal. O martes 14 de marzo será día de descanso.