RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O primeiro equipo regresa ao traballo centrado na visita do AD Alcorcón a ABANCA-RIAZOR

O Deportivo regresou esta mañá aos adestramentos en Abegondo.

Luis César decidiu non perder nin un segundo e, após un quecemento e uns rondos, dispuxo xa un exercicio táctico no campo 2, xa coa mente posta na visita do AD Alcarcón a ABANCA-RIAZOR deste sábado 23 de novembro (18:00 horas, Movistar LaLiga).

A partir de aquí, os titulares a pasada fin de semana en Almendralejo ante o Extremadura UD continuaron o seu adestramento no vestiario, con ximnasio e tarefas de recuperación.

Os demais membros do cadro realizaron no campo 3 un circuíto físico con balón e fútbol en espazo reducido.

Non saltaron ao campo os lesionados David Simón e Jovanović, ademais de Dani Giménez, hoxe con adestramento específico no ximnasio. Lampropoulos, Gaku e Montero continúan coas súas respectivas seleccións nacionais.

Esta mañá, Mujaid, Valín, David Sánchez, Bourdal, Boian, Youssouf Yalike e o meta xuvenil Alberto adestráronse ás ordes de Luis César.

Mañá martes, o equipo está citado en Abegondo ás 11:00 horas para un novo adestramento.