RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O proxecto do Dépor ABANCA chega a Estados Unidos

O proxecto do Deportivo ABANCA chega até os Estados Unidos. Así, Manu Sánchez, técnico do equipo deportivista, dará mañá luns unha charla formativa a distancia na Barça Academy en Virginia do Norte.

O contacto entre ambas as institucións é Alba Rodríguez, ex preparadora física do Deportivo ABANCA e agora profesional na Barça Academy.

Esta charla formativa de Manu Sánchez estará dirixida a todos os técnicos españois da academia e versará sobre diversos aspectos do mundo do fútbol, en especial do balompé feminino español e do Deportivo ABANCA.