RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Proxecto Escoita, galardoado co "Premio Internacional Miki Roqué pola Paz desde o Deporte"

A Asociación Cultural Paz desde o Deporte, presidida por Jacomar Bolaños Redondo, fixo públicos os galardóns da Sexta Edición dos Premios Internacionais “Miki Roqué pola Paz desde o Deporte”, coincidindo coa data de nacemento do lembrado Miki. Ambos os galardóns, individual e colectivo, recaeron en Galicia após escoitar as opinións dalgún dos seus embaixadores e investigar quen ou que grupo merecía dita distinción como exemplo claro de superación e humanidade.

Na Categoría Colectivo, o premio é para o equipo que forma o “Proxecto Escoita”, promovido polo coruñés e deportivista Jesús Suárez López, coa colaboración do Concello da Coruña e o Real Club Deportivo. Como reza o fallo "esta iniciativa, pretende que as persoas invidentes poidan gozar dos eventos deportivos sen barreiras. A súa determinación permitiu que o amor e a paixón polo deporte non teña obstáculos. Con este proxecto de accesibilidade chégase ao usuario mediante audio-descrición".

En categoría individual o premio é para Susana Rodríguez Gacio. Viguesa de nacemento e Campioa do Mundo de Tríatlon paralímpico "por ser un referente de superación, non só polo seu palmarés deportivo envexable, se non tamén polo seu carácter humano. Ademais, non dubidou en priorizar o seu traballo como médico para loitar contra a pandemia".