O Racing Villalbés-Dépor xogarase o mércores ás 19:30 h. na Magdalena
Após o adiamento por un positivo de COVID no cadro do Dépor, o Racing Villalbés-Dépor que debía xogarse o pasado sábado disputarase finalmente o mércores 28 a partir das 19:30 h. na Magdalena coa emisión en directo pola canle de Youtube do club: www.youtube.com/rcdeportivo, grazas ao patrocinio da firma coruñesaintegralmotion.es.
Este novo horario obriga a reaxustar a planificación de traballo da semana do seguinte modo:
Luns 26 de xullo 10:30 e 19:00 h.
Martes 27 de xullo 10:30 h.
Mércores 28 de xullo 19:30 h.: RC Villalbés - Deportivo, no campo da Magdalena
Xoves 29 de xullo 10:30 h.
Venres 30 de xullo 19:00 h.
Sábado 31 de xullo 19:00 h.: Viveiro CF - Deportivo, no campo de Cantarrana