RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O RC Deportivo e Kenni Thompson acordan finalizar a súa vinculación

O Real Club Deportivo e a xogadora do Dépor ABANCA Kenni Louise Tohmasia Thompson (Illas Bermudas, Reino Unido, 1 de decembro de 2000) chegaron esta mañá a un acordo para pór punto final á relación contractual que os vinculaba até final desta temporada.

A xogadora de banda zurda, que nesta primeira metade da campaña tan só disputou media hora do partido contra a Real Sociedad en Abegondo, ten agora liberdade para elixir o seu próximo destino. O Real Club Deportivo quere agradecerlle a Kenni o seu traballo, dedicación e esforzo durante estes meses na Coruña, desexándolle o mellor no seu futuro profesional e persoal.