RCD / NOVAS

O RC Deportivo e Laure acordan separar os seus camiños

04/07/2017 20:58

O RC Deportivo e Laureano Sanabria 'Laure' acordaron hoxe martes 4 de xullo separar os seus camiños.

Desta forma, o defensor madrileño deixa de ser xogador deportivista despois de 10 temporadas no primeiro equipo.

Laure debutou no Dépor na Temporada 2007-08 tras un fugaz paso polo Fabril. Disputou un total de 213 partidos oficiais (nos que anotou 3 goles) co Deportivo, 117 en Primeira División (1 gol), 74 en Segunda División (2 goles), 20 en Copa do Rei e 2 en Copa da Uefa.

Mañá mércores ás 12:00 horas, o que fora capitán durante as últimas temporadas, ten previsto dar unha rolda de prensa de despedida en Abegondo.

O Club quere agradecer a Laure o seu compromiso, esforzo, traballo e dedicación durante todos estes anos, á vez que lle desexa moita sorte na súa nova etapa profesional.

Máis novas de: LAURE