RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O vestiario branquiazul cre que os detalles foron definitivos para a derrota

Dous dos futbolistas con máis experiencia no vestiario, Juanfran e Fernando Navarro, atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do Estadio Sánchez Pizjuán.

O lateral destro deportivista recoñeceu que "ofensivamente non estivemos ben e defensivamente sufrimos. É unha marabilla como atacan eles, as superioridades que fan por fóra".

Iso si, asegura que "traballamos ben, mantivemos un bo resultado, pero os detalles séguennos matando. Hai que coidar eses detalles".

Juanfran pide tomarse esta semana "con moitísima importancia. Temos un partido fundamental a semana que vén. É momento de traballar e de falar pouco".

"Hai equipo, hai adestrador, hai ganas, hai ilusión e temos que demostrar á afección en Riazor que desde o minuto un temos que gañar ao Leganés", engade o defensor deportivista.

Pola súa banda, Fernando Navarro opina que o partido se perdeu "nos detalles. Na primeira parte houbo alternancia, nós máis na súa área que eles. Nun detalle puxéronsenos por diante. Logo fíxosenos máis difícil collerlle o pulso ao partido".

Asegura este defensa con máis de 400 partidos en Primeira División que "o único camiño é o traballo, estar todos xuntos e sacar isto cara a adiante".