RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O vestiario cre que o Dépor mereceu outro resultado porque "tivemos as ocasións máis claras"

Juanfran e Adrián, que luciu esta noite o brazalete de capitán, foron os protagonistas na zona mixta do Estadio ABANCA-RIAZOR.

O lateral branquiazul apunta que "non queda outra que levantarse. Está a ser unha temporada moi complicada. Hai que seguir. O equipo tivo unha actitude diferente, estivemos no partido. O Betis é un equipo complicado, que xoga moi ben a posesión, xoga moi ben ao fútbol. Xeraron moi pouco e nun centro que rebota nun compañeiro atopáronse o gol. Nós temos que seguir traballando e seguir crendo".

Á afección, Juanfran cre que "non hai nada que dicirlle. Nós temos que traballar e falar no campo. Non podemos dicir nada máis aquí xa".

O defensor deportivista viu un cambio de actitude no equipo: "A semana pasada viñamos dun resultado de 5-0 contra un equipo que tampouco andaba ben. Xogamos hoxe contra un equipo que tiña a idea moi clara, que xogaba moi ben ao fútbol. O equipo estivo moi ben plantado, tivemos ocasións claras para empatar. Se nos adiantamos non sería inxusto porque as tivemos moi claras".

Finalmente, de cara ao choque do próximo sábado 17 de febreiro en Mendizorroza ante o Alavés (18:30 horas, Bein LaLiga), subliña Juanfran que "todos os partidos son clave xa. Temos que saír a gañar todos os partidos. Non podemos deixar pasar ningún partido".

Pola súa banda, Adrián López tamén lembra que "xogamos contra un bo rival, que ten moito o balón, que nos fixo correr detrás deles. Non nos creou moito perigo, defendémonos bastante ben. Apenas nos fixeron ocasións de gol e pola contra nós si tivemos bastantes máis ocasións de gol que eles. Perdemos pero podía ser outro resultado".

Nesta liña, recalca que "nos faltou un pouco de fortuna de cara a porta. Tivemos bastantes máis ocasións que eles. Fixéronnos correr moito. Creo que é un equipo que ten bastante calidade, que xogan ben. Metéronnos un gol nun centro que pega nun e acaba caendo en mellor posición ao dianteiro. Tivemos mala pata".

O dianteiro asturiano admite que "necesitamos gañar. Está claro que cada xornada que pasa seguimos necesitando gañar. Esperemos que cambie. Temos que seguir traballando. O equipo estivo bastante ben hoxe. Hai que seguir. Temos outro partido, hai que preparalo ben e tentar gañar alí".

Entende o enfado da afección, que "quere que o equipo gañe, igual que nós. Está claro que necesitamos unha vitoria, é o que buscamos. Estamos a traballar para iso. Hai que seguir. Facendo unha análise de como foi o partido, eles tiveron o balón, fíxonos correr e termináronnos gañando. Nós tivemos bastantes máis ocasións claras que eles".

Adrián promételle ao deportivismo que "imos seguir traballando, imos mellorar. É evidente que temos que mellorar. Levamos unha semana só con Clarence. Temos que seguir traballando e mellorando cousas. Temos que darlles alegrías para que eles sigan connosco. Sabemos que no momento en que consigamos a vitoria seguramente as cousas cambien. Hai que seguir".