RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil A paga caro en Mareo os seus dous erros defensivos

O Xuvenil A pagou caro en Mareo ante o Sporting de Gijón (2-0) dous erros defensivos que ao cabo supuxeron a derrota, a primeira da temporada para o equipo branquiazul, en partido correspondente á 19ª xornada na División de Honra.

Os pupilos de Manuel Pablo tiveron algunha que outra ocasión en ataque para meterse no partido pero esta vez faltou puntaría na área asturiana.

Con este marcador, o conxunto branquiazul queda con 44 puntos na 3ª praza da categoría, por detrás do RC Celta (2º con 47) e o propio Sporting de Gijón (líder con 48 puntos).

Xuvenil A: Lemos, Quique Teijo, Manu Berrocal, Vilela, Seydiba, Carlos, Mardones, Hugo Baldomar, Kevin, Rubén e Hugo. Tamén xogaron: Noah, Carreira, Montero, Álex Delgado e Garaboa.

A próxima fin de semana, o Xuvenil A recibe en Abegondo ao SD Compostela.

Os resultados do Xuvenil A en liga até a data son os seguintes:

CD Lugo 1 - Xuvenil A 3 (Hugo Baldomar, Garaboa e Carlos)
Xuvenil A 1 (Kevin) - Atlético Perines 1
CD Marina Sport 1 - Xuvenil A 2 (Hugo e Kevin)
Xuvenil A 1 (Kevin) - Sporting de Gijón 1
SD Compostela 1 - Xuvenil A 7 (Kevin -4-, Hugo Baldomar, Martín Ochoa e Garaboa)
Xuvenil A 4 (Álex Delgado, Montero, Kevin e Ogando) - Arosa SC 1
RS Gimnástica de Torrelavega 0 - Xuvenil A 3 (Montero, Kevin e Ogando)
Xuvenil A 3 (Kevin, Vilela e Ogando) - Bansander 0
Real Oviedo 1 - Xuvenil A 2 (Seydiba e Kevin)
Xuvenil A 1 (Álex Delgado) - CD Covadonga 1
Coruxo FC 1 - Xuvenil A 2 (Noah e un futbolista rival en propia meta)
Xuvenil A 3 (Kevin -2- e Carreira) - Deportivo Roces 0
RC Celta 0 - Xuvenil A 1 (Hugo)
Xuvenil A 3 (Kevin, Álex Delgado e Ogando) - Real Racing Club 1
Ural Español CF 1 - Xuvenil A 2 (Kevin e Carreira)
Xuvenil A 1 (Mardones) - CD Lugo 1
Atlético Perines 0 - Xuvenil A 1 (Hugo)
Xuvenil A 2 (Hugo Baldomar e Álex Delgado) - CD Marina Sport 2
Sporting de Gijón 2 - Xuvenil A 0