RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os futbolistas lembran en zona mixta o penalti e o gol legal anulado

Juanfran e Carles Gil atenderon aos medios de comunicación na zona mixta de Mestalla.

Así, o lateral deportivista apunta que "non hai que ser alarmistas nin tan negativos. Creo que con 0-0 anuláronnos un gol legal e fallamos un penalti. Ao final eles meteron, puxéronse 2-0. Logo envorcámonos, tivemos opcións de meter un gol e ao final nunha contra fixéronnos o terceiro".

Subliña Juanfran que "o equipo non estivo mal, o equipo estivo ben. Fixo todo o que tiña que facer para gañar. Anuláronnos un gol legal en Mestalla e fallamos un penalti".

Pola súa banda, Carles Gil, autor dun gol mal anulado polo colexiado do partido, describe así a xogada: "Desde o primeiro momento a sensación que teño é que veño desde atrás e estou habilitado. Por iso recrimínollo. Dixen moitas veces que o labor dos árbitros é moi complicado. Pero iso non quita que sexa un erro clave na nosa contra que condiciona o partido".

O atacante branquiazul, que volvía á casa na que creceu como futbolista, lamentouse "dos dous goles que nos fixeron a balón parado. É raro en nós, que adoitamos ser un equipo forte a balón parado e igual deixounos algo tocado nese sentido".