RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os Nosos Genuine pecharon a temporada cun encontro na Torre

O Dépor de LaLiga Genuine puxo punto final á temporada 2019-2020 cun encontro na Cidade Deportiva de La Torre que, xunto con Abegondo, albergou os seus adestramentos até o comezo da pandemia. Gardando as medidas de seguridade e por grupos, os xogadores e xogadoras, reencontráronse con técnicos e responsables do equipo por última vez esta temporada antes de comezar as vacacións de verán, pensando xa na próxima campaña defendendo #asnosascores e desexando que se poida completar, en adestramentos e torneos, sen nigún contratempo.

Tamén aproveitaron para deixar asinada unha camiseta desta temporada para o principal patrocinador do equipo Genuine do Dépor, a compañía de cable e telecable R que desde hai dúas campañas apoia todas as actividades do conxunto deportivista.