Os penaltis sorrín ao Fabril FC Benxamín, que se clasifica a cuartos do Trofeo Mini Teresa Herrera
Os penaltis deron o pase ao Fabril FC Benxamín ante o Victoria CF nos oitavos de final do Trofeo Mini Teresa Herrera, eliminatoria celebrada a partido único.
Ao final do tempo regulamentario chegouse con empate (3-3). Alejandro Astray, Álvaro Rodríguez e Javi Meiriño foron os autores dos goles fabrilistas. Na quenda de penaltis, estiveron máis acertados os futbolistas do Fabril FC Benxamín: 1-3.
Fabril FC Benxamín: Brais Araújo, Bruno Abelenda, Alejandro Astray, Miguel Candal, Thiago López, Javi Meiriño, Hugo Bujía e Carlos Dans. Tamén xogaron: Mateo Carballeira e Álvaro Rodríguez.
Así pois, o conxunto fabrilista disputa o vindeiro luns 27 os cuartos de final, tamén a partido único.
A final deste torneo xógase no Estadio ABANCA-RIAZOR como preámbulo do Trofeo Teresa Herrera masculino e feminino.