RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Os Socios poden optar a invitacións para o Dépor ABANCA-Madrid CFF do domingo ás 11:30 en Abegondo

O Real Club Deportivo activa, dentro das esixencias da actual situación sanitaria, o protocolo de apertura con aforo reducido da Cidade Deportiva de Abegondo para o partido de Primera Iberdrola do domingo 2 de maio ás 11:30 horas entre o Dépor ABANCA e o Madrid CFF.

Poden optar a unha das invitacións dispoñibles todos os Socios do Real Club Deportivo que o soliciten formalmente a través da web: http://reservas.rcdeportivo.es, na que deberán introducir os seus datos: nome, apelidos, ID de socio, 4 últimos números do DNI e correo electrónico.

Este procedemento ten tres fins: poder realizar a solicitude da invitación; notificar a adxudicación ou non dispoñibilidade de invitación; e, ademais, levar un control de repartición en atención á normativa sanitaria de seguimento da COVID-19.

Dado o escaso número de localidades dispoñibles, o Real Club Deportivo roga encarecidamente que unicamente soliciten invitación aqueles Socios que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden entradas sen utilizar nun proceso 100% telemático que é posible grazas, unha vez máis, á utilización da tecnoloxía da empresa Cluber integrada por Duacode nos nosos sistemas.

A solicitude formal debe realizarse entre a publicación desta normativa e o xoves 29 de abril ás 14:00 horas, momento no que se pechará o prazo de solicitudes de entradas para un novo partido de #AsNosas en Abegondo.

Posteriormente ao peche do prazo de solicitudes notificarase, vía correo electrónico, a aqueles que sexan adxudicatarios dunha invitación, que dispoñen de entrada e o método de acceso á Cidade Deportiva, lembrando que antes de desprazarse a Abegondo deben comprobar se poden viaxar até as instalacións desde os seus lugares de residencia.

Todos os asistentes deberán ocupar obrigatoriamente a fila e asento asignado para poder ter a todos os afeccionados localizados en caso de rastrexo por COVID-19.

Tamén por protocolo COVID cada asistente deberá pasar un control de temperatura, hixienizar as súas mans, portar máscara en todo momento, sentar obrigatoriamente na localidade asignada no punto de control de accesos (estará identificada cun adhesivo verde de ASENTO DISPOÑIBLE) e permanecer na devandita localidade sentado até finalizar o partido (unicamente permítense desprazamentos aos baños. Non haberá servizo de bar nin está permitido introducir e consumir alimentos ao interior da Cidade Deportiva), respectando en todo momento a distancia de seguridade de 1,5 metros nos controis de acceso e durante a permanencia no interior da instalación.

Cambiar imagen