RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pablo Marí, cauto: "Van vir momentos malos e temos que facer que sexan o máis curtos posibles"

Pablo Marí foi o protagonista esta mañá na sala de prensa de Abegondo.

O central valenciano coincide co técnico Natxo González en que o Deportivo "ten que ter a mesma idea en casa e fóra. Fóra de ABANCA-RIAZOR as cousas non son tan fáciles como son en casa. Xogas na cancha do equipo rival e iso dálles un plus. Pola nosa banda temos que ir cunha idea clara de fútbol, con ilusión, con ganas, sabendo o que temos que facer".

É consciente da importancia dos centrais nas accións ensaiadas, por exemplo na xogada do gol de Domingos Duarte o pasado sábado ante o Real Oviedo en ABANCA-RIAZOR: "Á hora da estratexia ofensiva estamos moi acertados. Tanto os centrais como o resto de futbolistas estamos nunha porcentaxe moi boa de cara ao gol. Agora mesmo estamos a desatascar partidos que se nos podían trabar un pouco se non temos ese acerto. Está a darnos moitas alegrías. Hai que seguir traballando niso. Estamos a traballalo moi ben durante a semana. Durante o partido facemos as cousas que se nos pide. Está a irnos bastante ben".

Tamén resalta a faceta defensiva: "É moi difícil que nos fagan un gol, xa sexa pola idea do míster e pola ilusión e as ganas que lle metemos. É mellor aínda esta parte defensiva porque o meu traballo é manter a portería a cero. Cada acción de balón parado defensivo estamos a facelo todos moi ben".

Cumprido case un terzo de liga, o defensor deportivista lembra que "queda moita liga. Isto é moi longo. Van vir tamén momentos malos que temos que facer que sexan o máis curtos posibles. Se te baseas en números, que son números e están aí, agora mesmo estámolos tendo de ascenso directo. Pero isto é moi longo. Hai que pelexalo e sobre todo gañalo".

Da UD Almería, rival este luns 19 de novembro no Estadio dos Xogos Mediterráneos (21:00 horas, GOL e LaLiga 1|2|3 TV), opina que "en casa será fiel ao seu fútbol, fiel ao seu estilo. Eles serán agresivos, disputen todas as pelotas, póñannos as cousas moi difíciles. Á parte de ser moi disputado, vai ser un partido bonito de xogalo".

Preguntado polas expulsións sufridas ultimamente polo equipo e corpo técnico, confesa que no vestiario "falouse de ter un pouco de calma e esquecerse dunha persoa que está aí e é o árbitro. Ao final o árbitro decide, terá a súa opinión. E unha vez decide non hai nada que facer. Hai que centrarse no traballo, esquecerse totalmente do árbitro e facer o noso fútbol".

A nivel persoal, Pablo Marí vese asentándose no equipo, "véndome ao nivel no que teño que estar, evidentemente con moitas cousas que mellorar. Estamos todos dando o nivel que se nos esixe. Como equipo estamos engranando as pezas para ir a máis".