RCD / NOVAS

Pablo Marí: "Estamos a xogarnos o ano enteiro nestes dous últimos partidos"

31/05/2019 20:01

Pablo Marí foi o protagonista esta mañá na sala de prensa de Abegondo. Subliña que o vindeiro domingo 2 de xuño en Elxe (20:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV) "temos que mostrar no campo o que nos estamos xogando, que é moitísimo. Estamos a xogarnos o ano enteiro nestes dous últimos partidos. Temos que facer o noso traballo, o noso obxectivo e centrarnos no noso partido".

Advirte que o rival, a pesar de que non se xoga nada a nivel clasificatorio, "terá as súas motivacións, xogaranse cousas. O que eles teñan máis liberdade, dáche que poidan estar máis libres e xogar máis tranquilos. E esa tranquilidade témola que aproveitar".

No entanto, vaticina "un partido complicado. Non vai ser un partido fácil. Nós temos que demostrar sobre o céspede que nos estamos xogando moito".

Preguntado pola visita de Paco Zas esta semana a Abegondo, Pablo Marí confesou que o Presidente "transmitiunos sobre todo moitísima tranquilidade. Confianza plena no grupo, en que as cousas van saír ben; que temos que dar o máximo por este Club, por esta afección; que se merecen estar onde toca; e sobre todo tranquilidade e confianza no traballo".

En canto ao seu futuro, o defensor deportivista recalca que "agora mesmo falar de cousas que poden pasar a 2, 3 ou 6 semanas aínda nin o pensei. O meu único obxectivo é xogar os partidos que nos quedan, gañar e ascender. A partir de aí xa exporemos as cousas que teñamos".

Finalmente quixo tamén lembrar que Iñigo López, como a súa familia, ten "o noso máximo apoio. Confiar en que a xustiza todo vaino a arranxar e solucionar. Desde aquí moito ánimo".

Máis novas de: PABLO MARÍ