Eneko Bóveda, sometido esta mañá a probas médicas, sofre unha lesión muscular no bíceps femoral da súa perna dereita.
O defensor deportivista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia; e, en función da súa evolución, pasará a continuación á fase de readaptación física, paso previo ao seu regreso aos adestramentos.