RCD / NOVAS

Parte médico de Fernando Navarro

05/04/2017 23:20

Fernando Navarro foi sometido a probas médicas complementarias para ditaminar o alcance exacto das súas molestias na súa perna dereita. Os Servizos Médicos do Club diagnosticáronlle unha lesión muscular de grao 1-2 no sóleo dereito.

O internacional deportivista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia. Concluída esta fase inicial segundo dite a súa evolución, Navarro porase ás ordes do readaptador Fran Molano, como paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.

Máis novas de: FERNANDO NAVARRO

RCD / Noticias Relacionadas