Saša Jovanović sofre unha lesión muscular de grao 1 no bíceps femoral da súa perna dereita.
O atacante deportivista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia para pasar, segundo ditamine a súa evolución, á fase de readaptación deportiva, como paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.