Por mor dun choque fortuíto cun compañeiro durante o adestramento, o meta Deportivista Lucho García foi sometido a probas médicas no Hospital Quirónsalud da Coruña, nas que se comprobou que sofre unha fractura de ósos propios do nariz.
Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo agardarán agora a súa evolución nas próximas horas para saber cando poderá incorporarse de novo á dinámica grupal.