RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Parte médico de Miku

Os Servizos Médicos do Real Club Deportivo comprobaron que Miku sofre unhas molestias na musculatura aductora derivadas dunha sobrecarga; circunstancia que lle impediu onte xogar de inicio en ABANCA-RIAZOR ante o CD Guijuelo.

Así pois, o dianteiro deportivista estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia, para iniciar posteriormente o seu proceso de readaptación física; e, en función da súa evolución, incorporarse ao traballo de grupo.