RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Parte médico de Pedro Mosquera

Os Servizos Médicos do RC Deportivo realizaron onte luns probas complementarias ao xogador Pedro Mosquera, que evidencian unha lesión muscular de grao 1 no bíceps femoral esquerdo.

O mediocentro coruñés permanecerá baixo control médico e fisioterapéutico nos vindeiros días até o seu paso á fase de readaptación deportiva.

Mosquera viuse obrigado a solicitar o cambio na segunda parte do partido do pasado domingo no Estadio Santiago Bernabéu, sendo relevado polo canteirán Edu Expósito.