Após as probas realizadas e avaliación médica consecuente, os Servizos Médicos do RC Deportivo diagnosticaron unha lesión muscular no bíceps femoral da perna dereita de Sabin Merino.
O atacante branquiazul estará uns días con tratamento médico e de fisioterapia para, en función da súa evolución, pasar posteriormente á fase de readaptación, paso previo ao seu regreso aos adestramentos de grupo.