RCD / NOVAS

Partido 11 contra 11 pasado por auga esta tarde, con Salva Ruiz de regreso ao grupo

16/10/2019 19:28

Un partido 11 contra 11 no campo 2 da Cidade Deportiva foi a tarefa principal disposta por Luis César no adestramento desta tarde pasada por auga.

Como é habitual, o técnico deportivista realizou constantes correccións durante o xogo, parando as xogadas en varias ocasións.

Luis César puido contar xa con Salva Ruiz durante todo o adestramento e Koné na parte inicial, é dicir, a dos rondos e quecemento.

Tiveron ademais un adestramento específico Somma, David Simón e Luis Ruiz.

Sen Gaku e Lampropoulos, de viaxe de regreso á Coruña, repetiron os fabrilistas Boian, Eimil, Valín, Bourdal, Mujaid, Martí Vilà, Reinoso, Kanoute e Gandoy.

Mañá xoves, a sesión será vespertina, en ABANCA-RIAZOR a porta pechada a partir das 17:00 horas.