Partido redondo do Dépor ABANCA B sobre o Sporting de Gijón B
O Deportivo ABANCA B completou un partido redondo en Abegondo e obtivo unha xusta vitoria (4-0) ante o Sporting de Gijón B, en partido correspondente á 2ª xornada no grupo 1º de Primeira Nacional.
Noela, Paula Monteagudo -2- e Laura Otero foron as autoras dos goles branquiazuis nun choque dominado de principio a fin polas pupilas de Kevin Cabado.
Con este marcador, o Deportivo ABANCA B suma 4 puntos de 6 posibles.
Deportivo ABANCA B: Martina, Ansede, Paula Novo, María Calvo, Antía Brage, Marta Rico, Laura Testa, Paula Monteagudo, Tati, Noela e Elena López 'Cusi'. Tamén xogaron: Uxía Cabada, Laura Otero, Aroa González, Marta Méndez e Valeria.
O Versalles CF A de Avilés será o seguinte rival do Deportivo ABANCA B.
Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B foron os seguintes:
Viaxes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Noela) Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Paula Monteagudo -2- e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 0