RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Paso adiante de Fede Cartabia, Diego Caballo e David Simón

Tres dos futbolistas que estiveron estes días pasados á marxe do grupo completaron esta mañá con normalidade o adestramento do Deportivo en Abegondo: Fede Cartabia, aínda sen alta médica; Diego Caballo e David Simón.

Todos eles dan pois un paso adiante para a súa definitiva recuperación. Os Servizos Médicos e os técnicos comprobarán nas próximas horas o seu estado físico de cara ao partido deste domingo 16 de decembro en ABANCA-RIAZOR (20:30, GOL e LaLiga 1|2|3).

Así pois, só quedaron no vestiario, ben no ximnasio ou cos fisioterapeutas, Gerard Valentín e Carlos Fernández.

A sesión desta mañá, hoxe co fabrilista Pedro López, foi fundamentalmente táctica, primeiro cun exercicio dividido en dous grupos con Natxo González e Bernardo Tapia aos mandos de cada un; e despois cun partido táctico once contra once no campo 2.

Mañá venres haberá un novo adestramento, ás 11:00 en Abegondo.