RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pausa nos adestramentos da Escola RC Deportivo

A Escola RC Deportivo, nas súas catro sedes de Alvedro, Caranza, Boiro e Bertamiráns, paralizará os seus adestramentos provisionalmente durante 15 días debido á situación actual e normativa vixente en relación á prevención fronte ao COVID e priorizando a seguridade de todos os nenos e nenas participantes, así como dos seus familiares e técnicos.

En función á evolución da pandemia, revisarase a situación e irase informando a familiares vía correo electrónico para prolongar a pausa ou retomar a actividade presencial axiña que sexa posible.

Os técnicos, aproveitarán estas datas para actualizar o seguimento de contidos de traballo de todos os nenos e nenas e poder levar a cabo actividades formativas desde a distancia cos participantes.

A Fundación RC Deportivo agradece ás familias a súa comprensión e colaboración. Para calquera dúbida ou consulta do estado da súa inscrición, matrícula ou renovación poden escribir ao correo electrónico escola@rcdeportivo.es.