RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pedro Mosquera reincorpórase aos adestramentos co grupo

Pedro Mosquera, sen a alta médica, reincorporouse esta mañá aos adestramentos co grupo, na sesión desta mañá en Abegondo.

O centrocampista coruñés está pois na recta final da súa recuperación, cara a achegar tamén o seu gran de area nestes últimos días de competición.

Os Servizos Médicos do RC Deportivo agardarán agora a súa evolución nos próximos días antes de proceder a tramitar a súa alta médica.

Esta mañá adestrouse Sidnei co readaptador Fran Molano; mentres que Luisinho e Joselu tiveron tratamento médico e de fisioterapia.

Os demais membros do cadro, incluídos os fabrilistas Monsalve, Edu e Lucas, tiveron unha sesión con varios exercicios de ataque-defensa no campo 3; e un partido táctico once para once no campo 2, con continuas instrucións a cargo de Pepe Mel.

Mañá xoves, o equipo adestrarase en Riazor ás 10:30, nunha sesión a porta pechada.