RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Peke pon rumbo a Moldavia coa selección española feminina

- Foto: @SEFutbolFem -

A selección española feminina, coa deportivista Peke nas súas filas, desprázase esta mañá a Moldavia para disputar este sábado un partido clasificatorio para a Eurocopa de Inglaterra 2022.

Peke estivo concentrada desde o pasado venres 11 de setembro na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid) xunto ao resto de internacionais, entre as que están tamén dúas exintegrantes do Deportivo ABANCA: Teresa Abelleira e Misa.

O encontro ante Moldavia disputarase o sábado 19 ás 19:00 (hora local, 18:00 en España) no Estadio Zimbru en Chisinau. Poderase seguir en directo por Teledeporte.