RCD / NOVAS

Pekerman convoca a Scaloni para o Arxentina - Venezuela

O deportivista Lionel Scaloni segue entrando nos plans do seleccionador de Arxentina, José Pekerman. Así, o técnico da albiceleste citou ao polivalente xogador branquiazul para o próximo Arxentina-Venezuela que se disputará o próximo 17 de novembro en Buenos Aires e que será clasificatorio para o Mundial de 2006.

03/11/2004 14:19

Scaloni xa triunfou nas categorías inferiores de Arxentina. No Dépor, demostrou a súa polivalencia actuando de interior dereito, lateral dereito, mediocentro e ata nalgúns instantes dianteiro centro.

Máis novas de: SCALONI

RCD / Noticias Relacionadas

24/11/2005 22:03 |

Scaloni anuncia que cumprirá o seu contrato co Deportivo e regresará despois ao fútbol arxentino

O capitán do Deportivo, Lionel Scaloni, quixo hoxe xoves na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol' ratificar as declaracións que efectuou na Cadea Ser onte mércores nas que afirmaba que o seu desexo era cumprir o seu contrato no Deportivo, que expira en xuño de 2007, e posteriormente regresar ao seu país, para acabar a súa carreira profesional no Estudantes.