RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pepe Mel fai fincapé esta mañá na saída de balón e as basculacións

Na sesión matinal de hoxe martes do primeiro equipo, tras o traballo diario de forza nun dos ximnasios da cidade deportiva, Pepe Mel incidiu na posesión, a saída de balón e as basculacións.

Luisinho realizou unha parte co grupo e a outra co readaptador, Fran Molano, mentres que Borja Galán e Fede Cartabia exercitáronse á marxe, cos fisioterapeutas.

Como é habitual nesta pretemporada, os xogadores comerán xuntos no Hotel Tryp Coruña (13:30 horas) e regresarán aos adestramentos esta tarde ás 19:00 horas.