O Dépor viaxa este sábado ao mediodía a Gran Canaria e adéstrase pola tarde na Cidade Deportiva da UD Las Palmas.
O Deportivo afronta unha fin de semana de desprazamento longo á illa para visitar ao equipo amarelo o domingo 13 de outubro (21:00 horas, 20:00 hora insular, #Imos).
A expedición branquiazul partirá de viaxe, vía Madrid, o sábado ao mediodía, adestrarase nada máis chegar na Cidade Deportiva do equipo local e, após o partido, regresará o luns, vía Madrid.
O plan de viaxe do Dépor é o seguinte:
Sábado 12 de outubro 12:15: Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino Madrid 13:25 (hora aproximada): Chegada ao Aeroporto de Madrid 15:05: Saída do voo do Aeroporto de Madrid con destino Gran Canaria 17:00 (hora local, 18:00 hora peninsular, horario aproximado): Chegada ao Aeroporto de Gran Canaria e adestramento na Cidade Deportiva da UD Las Palmas
Ao finalizar, aloxamento no Hotel AC Gran Canaria
Domingo 13 de outubro 20:00 (hora local, 21:00 hora peninsular): UD Las Palmas – Deportivo, no Estadio de Gran Canaria
Luns 14 de outubro 07:05 (hora local, 8:05 hora peninsular): Saída do voo de Gran Canaria con destino ao Aeroporto de Madrid 10:50 (hora aproximada): Chegada ao Aeroporto de Madrid 14:20: Saída do voo de Madrid con destino ao Aeroporto da Coruña 15:35 (hora aproximada): Chegada ao Aeroporto da Coruña