RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Posta a punto do Dépor no Estadio Romano de Mérida

O Dépor realizou esta tarde no Estadio Romano de Mérida unha última posta a punto de cara ao partido de mañá sábado 16 de novembro no Estadio Francisco de la Hera de Almendralejo ante o Extremadura UD (16:00 horas, Movistar LaLiga).

Foi principalmente unha sesión de activación despois dunha viaxe de 8 horas e media por estrada desde Abegondo directo ao estadio do Mérida AD, club que milita na Segunda División B, e que cedeu amablemente o seu terreo de xogo a 48 horas de recibir este domingo ao Algeciras CF.

Após un quecemento e uns rondos, Luis César dispuxo unha serie de xogos con e sen balón, por espazo de pouco máis de 60 minutos.

Ao finalizar o traballo, a expedición branquiazul dirixiuse ao Hotel Tryp Medea, cuartel xeral do equipo en terras estremeñas.