RCD / NOVAS

Primeira toma de contacto de Rubén de la Barrera co cadro deportivista

13/01/2021 15:02

Rubén de la Barrera dirixiu esta mañá en Abegondo o seu primeiro adestramento co Deportivo.

Acompañado polo seu novo corpo técnico, completado por José Manuel Martínez Paz 'Secho' e Julio Hernando, dous técnicos que xa pasaron por Abegondo en etapas anteriores, chegou ás instalacións branquiazuis ás 11:00 da mañá e unha hora despois, após unha charla no vestiario, saltou ao céspede cos futbolistas actualmente dispoñibles.

No campo 2, o novo adestrador branquiazul dispuxo unha serie de exercicios con balón, de alta intensidade. Un partido no campo 3 puxo o punto e final ao traballo sobre o céspede.

Tiveron adestramento específico Uche, Bóveda, Gandoy, Claudio Beauvue, Héctor, Miku, Rolan e Keko.

Ademais, os canteiráns Juan Rodríguez, Adri Castro, Alberto, Barba, Iván Guerrero, Guille Bueno e Javi Sanmartín exercitáronse hoxe co primeiro equipo.

Mañá xoves, o Dépor adestrarase en dobre quenda. A matinal será ás 11:00 en Abegondo e a vespertina en ABANCA-RIAZOR, a porta pechada ás 17:30.

RCD / AXENDA

25 XAN

Luns 11:00 Abegondo

Adestramento

Campos 2-3

31 XAN

Domingo 19:00 Estadio ABANCA-RIAZOR

Deportivo - Unionistas

12ª xornada de Liga