RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Que o arranxen canto antes, polo ben do afeccionado", pide Garitano sobre o Estadio de Riazor

Gaizka Garitano puxo o punto final esta mañá as comparecencias semanais do Deportivo na sala de prensa de Abegondo.

Preguntado sobre a suspensión do partido ante o Betis debido aos graves danos nas cubertas do Estadio de Riazor, o técnico deportivista manifestou que "eu non son ninguén para opinar. O importante é que estea ben, en boas condicións. Ao final, aparte do fútbol, o importante é a seguridade dos afeccionados do Dépor. Iso é o que máis nos preocupa. Que non se mollen, que vexan o partido a gusto. Se alguén o ten que arranxar, que o arranxen canto antes, sobre todo polo ben do afeccionado e pola súa seguridade, que é o máis importante".

Este inesperado parón, segundo Garitano, fai que "levamos moitos partidos fóra de casa, entre o calendario, agora que non puidemos xogar en casa. Iso ao final, non nós, todos os equipos suman máis en casa que fora. Agora quédannos nesta segunda volta moitos partidos en casa e menos fora. Nós o que queriamos era sumar. E é outra semana que non sumamos porque non xogamos. Non podemos facer nada. Deportivamente pensar no partido ante o Athletic".

Asegura que o corpo técnico vaise encargar de que non afecte psicoloxicamente os futbolistas branquiazuis verse máis preto da zona de descenso se os demais equipos suman nesta xornada: "Cando non xogas, os rivais van sumar e vanse a achegar máis. Pero ese partido tamén o temos que xogar. Esa opción estará aí. Non ten porqué afectar en nada".

Sobre a nova data do partido ante o Betis, que determinará nos próximos días a Federación Española, mostrouse preocupado "porque non nos pase como en Copa, como en Liga pasounos dúas veces cando houbo partido entre semana. Non saímos nada beneficiados. Xogamos sen descanso, tres partidos en seis días. O que máis me preocupa é iso. Que o partido ao ser entre semana nos deixe algo de marxe para descansar antes e despois dos partidos".